xoves, 30 de abril de 2020

COMO ACENDERÍADES VÓS A UN DRAGÓN APAGADO?
Bó día nenas e nenos!
Hoxe levantámonos preguntándonos… sabedes como se poñen os dragóns
cando están tristes?
 Presentámosvos a este que botaba moito de menos ás súas amiguiñas e 
amiguiños, o parque, o cole… pero que, con moita axuda da persoa coa 
que vive conseguiu poñerse contento!!!
Nós, para acender a un dragón apagado, cantaríamoslle “Alegría!” 
Apetécevos?
E vós? seguro que tedes moitas máis ideas que farían sorrir a calquera
persoa triste que teñades preto! Non esquezades poñelas en práctica ;)  

mércores, 29 de abril de 2020

PROPOSTA DE RETOS PSICOMOTRICES 1
ENCESTAR NO CESTO
Material: bolas de papel, pelotiñas que haia na casa... e un cesto, cubo ou papeleira…
Neste xogo participarán todos os membros da familia
Cada participante terá 1 minuto para encestar o maior número de pelotiñas
no cesto.
A CARRETILLA

Facer a carretilla é un xogo sinxelo que soe gustar a todos.
 Ademais serve para que os seus brazos tomen forza e 
melloren a súa motricidade grosa e coordinación.

Intentaremos ir a todas as estancias do piso ou casa desta particular forma de
desprazamento.
PELOTA SIN VERGOÑA
Material: Pelota.
Desenvolvemento: Pasarse unha pelota, collida entre o mentón e o peito, 
sen axuda das mans, dun membro da familia a outra. 
Na seguinte ronda sentámonos e pasamos a pelota sen apoiar os pés no chan,
colocándoa entre os nocellos.

martes, 28 de abril de 2020

ENGLISH  TALE: THE COLOUR MONSTER  

Today we are going to talk about our feelings and emotions.  
(Hoxe imos falar das nosas emocións co monstruo das cores)

WATCH THE STORY OF THE COLOUR MONSTER  
I know you already know this fantastic story, so have fun watching!! 
(Este conto xa o vimos na clase, disfrutade moito de el! ) 

SING THIS SONG  
Agora, a cantar! 
THANK YOU VERY MUCH!!


luns, 27 de abril de 2020

SI FUERA…
Ola nenos e nenas, a actividade que vos animamos a realizar  hoxe vaina
propoñer Mandarina.
Qué quen é Mandarina?
Pois unha contadora de contos xenial.
Se picades no enlace poderedes escoitar un conto precioso “ SI FUERA…”
e tamén a proposta dun xogo.
Gustouvos? Esperamos que si e que teñades pensado
en cantas cousas diferentes podedes  converter os obxectos
Tamén vos animamos a que escribades nun folio o listado de cousas que
poderiades ser si forades … un rollo de papel , un lapis, ou unha tapa 
dunha pota…