luns, 20 de abril de 2020

A BOLBORETA CRETA

A  BOLBORETA CRETA

Ola nenos e nenas. Hoxe presentámosvos a Creta, unha bolboreta moi especial.
Mirade o que nos conta esta poesía sobre ela:
A BOLBORETA CRETA:
Á BOLBORETA CRETA
GÚSTALLE PASEAR,
VOAR  POR AQUÍ
VOAR POR ALÁ.
VOOU TANTO TEMPO
QUE QUEDOU ESGOTADA,
DEIXÉILLE A MIÑA MAN
E QUEDOU ALÍ POUSADA.
ACARIÑEILLE AS DÚAS ÁS
PERO NON LLE GUSTOU NADA
E BOTOU A VOAR
PERO QUE MOI ENFADADA.
 Qué vos parece se facedes a Creta?, é moi sinxelo: só tedes que decorar unha servilleta, un papel de cociña ou mesmo un cachiño de folio, despóis coa axuda dun maior atádela polo medio cunha gomiña, un cable, un fío….e xa tedes a vosa bolboreta.