mércores, 22 de abril de 2020




CONTA CON PINZAS

Bo día nenos e nenas, para realizar a proposta de hoxe teredes que elaborar previamente uns "tarxetóns" cos diferentes número do 1 ao 10.É convinte que os tarxetóns sexan dun tamaño considerable e de cartón duro, para elo podedes aproveitar unha caixa. En cada "tarxetón" debedes escribir un número, en grande, do 1 ao 10 (os maiores podedes escribir vós xa o número e os pequenos poden pedir axuda)
A proposta consiste en:
1º Partiremos dos "tarxetóns" cos números desordenados. Tedes que ordenar a serie numérica do 1 ao 10, preferiblemente en fila, polo que é convinte facelo no chan.
2º Despois xogaremos a enganchar na tarxeta o número de pinzas que indica o número.
Poderedes adaptar a proposta ao nivel de cada neno ou nena, xogando con aqueles números que teñan interiorizados, non tedes que usar todos os "tarxetóns" necesariamente.