CAL É A NOSA FINALIDADE


Este blog nace co propósito de achegar a vida das aulas ás casas na procura dun tempo de normalidade, dentro da situación excepcional que estamos a vivir.
Diariamente presentaremos unha proposta de tarefa sinxela.
Entendédea sempre como voluntaria, pois somos coñecedoras de que en cada casa vívense realidades ben distintas.
Con estas tarefas perseguimos tan só ofrecerlles aos cativos e cativas a posibilidade de voltar á rutina, a posibilidade de realizar actividades familiares na procura dunha estabilidade emocional que pode verse afectada pola situación actual.
Tan só agradecer a vosa colaboración, pois nestas idades precisamos que as familias asuman un novo rol: intervindo, acompañando e supervisando . Sabemos que é necesaria esa interacción, substituíndo a que antes dariase coa docente ou cos compañeiros e compañeiras da aula e agora corresponde ás familias.
O blog só está creado para facilitar a actividade pero sabemos que averdadeira aprendizaxe dase na relación e comunicación.
Agardamos que este blog sexa de utilidade