venres, 24 de abril de 2020

XERMINACIÓN

Ola nenos e nenas, hoxe traémosvos unha proposta que de seguro
todos e todas podedes realizar na casa, para iso precisades algúns
materiais:
- Un vaso, un bote ou unha bolsiña para alimentos
- Algodón
- Un pouco de auga
- Unha lentella, un garavanzo, unha faba ou outra legume que
teñades na casa.
O proceso é o seguinte: tedes que empapar o algodón en auga e
poñelo dentro do vaso ou da bolsa, e entre o algodón meter a legume
que queiramos. Despois poñerédela nun lugar onde lle de a luz (se o
facedes nunha bolsiña podedes pegála nunha ventá) e día a día tedes
que ir comprobando canto medra a vosa legume.