mércores, 29 de abril de 2020

PROPOSTA DE RETOS PSICOMOTRICES 1
ENCESTAR NO CESTO
Material: bolas de papel, pelotiñas que haia na casa... e un cesto, cubo ou papeleira…
Neste xogo participarán todos os membros da familia
Cada participante terá 1 minuto para encestar o maior número de pelotiñas
no cesto.
A CARRETILLA

Facer a carretilla é un xogo sinxelo que soe gustar a todos.
 Ademais serve para que os seus brazos tomen forza e 
melloren a súa motricidade grosa e coordinación.

Intentaremos ir a todas as estancias do piso ou casa desta particular forma de
desprazamento.
PELOTA SIN VERGOÑA
Material: Pelota.
Desenvolvemento: Pasarse unha pelota, collida entre o mentón e o peito, 
sen axuda das mans, dun membro da familia a outra. 
Na seguinte ronda sentámonos e pasamos a pelota sen apoiar os pés no chan,
colocándoa entre os nocellos.