xoves, 30 de abril de 2020

COMO ACENDERÍADES VÓS A UN DRAGÓN APAGADO?
Bó día nenas e nenos!
Hoxe levantámonos preguntándonos… sabedes como se poñen os dragóns
cando están tristes?
 Presentámosvos a este que botaba moito de menos ás súas amiguiñas e 
amiguiños, o parque, o cole… pero que, con moita axuda da persoa coa 
que vive conseguiu poñerse contento!!!
Nós, para acender a un dragón apagado, cantaríamoslle “Alegría!” 
Apetécevos?
E vós? seguro que tedes moitas máis ideas que farían sorrir a calquera
persoa triste que teñades preto! Non esquezades poñelas en práctica ;)