martes, 21 de abril de 2020

E VÓS, A QUEN TEDES NO CORAZÓN?

Bo día nenas e nenos!
Moitas veces no cole compartides con nós pequenas historias que vivides
con persoas que tedes preto e ás que queredes moito: familiares, amigas
e amigos ...
Sabemos que estades pasando estes días na casiña con algunha delas,
e que a outras estádelas botando moito de menos...
Ás mestras tamén nos pasa! E queremos compartir con vós esta canción
que Rui e os seus amigos lle adican aos seus. Podedes aprendela e cantala
con eles (lembrade que non só se pode falar con palabras, e que tamén
podedes tentar acompañalos coas vosas máns)
Propoñémosvos que despois de vela, pensedes nunha ou varias desas
persoas ás que queredes tanto e lle fagades saber que a tedes no voso corazón,
creadon un para regalarlle en canto poidades vela ou velo.
Podedes empregar calquera soporte que atopedes na casa ( cartón, unha
folla dun xornal, un retal, un anaco de bolsa de plástico...) E sobre él debuxaredes
o voso corazón, que poderedes adornar como prefirades (colorear, superpoñer
pegatinas/papeis/pequenos materiais reciclados, pegar unha foto vosa ou da persoa
á que queredes...)
E se vos animades podedes recortalo (ou dependendo da autonomía no emprego da
tesoira picalo e troquelalo, ou pedir que volo recorten), e facer con él un pequeno
móbil.