luns, 4 de maio de 2020

VAIA MONSTROS!!
Ola nenos e nenas, esta é a proposta de hoxe: 
animámosvos a crear monstros coas pegadas dos vosos dedos.
É moi sinxelo, só tedes que pintar os dedos e poñer varias pegadas
nun folio, despóis poñerédeslle ollos, brazos, pernas e as partes do
corpo que vós consideredes.
Será moi divertido!!!. 
Tamén podedes facelo coa pegada da vosa man. 
Poñémosvos un exemplo para que vos inspiredes.