venres, 19 de xuño de 2020

ARTE CON XEO

Ola nenos e nenas, hoxe despedimos as propostas do blog 
e propoñémosvos un experimento moooi fresquiño co que seguro 
o ides a pasar mooi ben. Para realizalo precisaredes:
-Auga
-Colorante alimentario
-Vasos (tantos coma cores queirades crear).
-Unha bandexa de xeo
-Papel
-(OPCIONAL) Paus de xeado/depresores. Incluso podedes  
empregar pinzas de madeira desmontadas.
Primeiro botaredes unha pouquiña auga en cada vaso e engadirédeslle 
o colorante (unha cor en cada vaso ou mezclado para crear novas cores). 
É importante engadirlle bastante colorante para que o trazo ao pintar 
sexa máis forte.
Unha vez que teñades preparadas as cores, poñédeas na bandexa do xeo 
(se queredes podedes introducir un pau en cada oco) e metédea no conxelador.
E cando estea ben conxelado .... a pintar!
 
Outra actividade con xeos sería a seguinte:
En diferentes recipientes introduciremos elementos naturais como 
follas, flores, anacos de froita, ramas,… faremos unha composición que 
nos guste, engadiremos auga e… ao conxelador!
Podemos poñer o extremo dun cordón forte (tipo "trapillo" ou cordón dos zapatos)

dentro da auga deixando o outro fóra para que cando o saquemos conxelado 

poidamos colgalo nunha árbore, nun muro…
Teremos que esperar ata o día seguinte para que estea conxelado. 
Sacarémolo e poñerémolo no lugar escollido e admiraremos a nosa obra de arte. 
Observaremos canto tempo necesitou estar no conxelador e canto tempo 
tardou en desconxelarse.
 
Con esta actividade tan fresquiña pechamos o blog e desexámosvos que pasedes un 
verán magnífico, onde non debedes esquecer divertirvos e aproveitar para dar 
e recibir mimiños.

 

xoves, 18 de xuño de 2020

PINTAR AS SOMBRAS

Ola nenas e nenos!
No cole demostrades a diario que valéndovos de referentes variados 
e da vosa imaxinación... sodes quen de representar calquera cousa que se 
vos ocurra ou se vos propoña!
Aproveitando a chegada do SOL e que contades de ratiños cada vez máis 
longos para desfrutalo, queremos convidarvos a empregar o rastro que 
deixa (a súa SOMBRA) para facer distintas composicións!
Protexédevos con protector solar e gorra e… a DEBUXAR!
Só precisades unha superficie lisa (papel/textil/o propio chan), os instrumentos 
de escrita que prefirades (lapis, xiz, ceras, rotuladores, pincel….). 
Elixide os elementos (artificiais ou naturais) que queirades rexistrar e 
colocádeos (de maneira que a súa sombra quede proxectada enriba do 
voso soporte). Poderedes repasar os seus contornos ou modificar os 
seus recheos...



mércores, 17 de xuño de 2020

A RELAXARSE!!

Ola nenos e nenas, hoxe traémosvos unha actividade relacionada 
coa relaxación, porque relaxarse tamén é importante.
Ofrecémosvos dúas propostas:
A primeira é intentar realizar co voso corpo as posturas de ioga 
que aparecen na seguinte imaxe:
E a segunda visualizar o vídeo do enlace que vos poñemos 
a continuación e ir realizando as posturas que vos indica:
https://www.youtube.com/watch?v=SP5p1gLUOHI 

Esta a rematar o curso e será moi bo comezar o verán relaxadiños e relaxadiñas

luns, 15 de xuño de 2020

CURTAMETRAXE

Ola nenos e nenas, hoxe traémosvos unha curtametraxe 
moi interesante para reflexionar. Despóis de vela sería bo que 
falárades con algún adulto sobre o seu significado. 
Deixámosvos o enlace da curtametraxe:
Se vos animades podedes facer unha manualidade dun rato 
moi sinxeliña debuxando, coloreando, recortando e montando as 
seguintes  figuras  xeométricas: un rectángulo negro (que fará de 
corpo ao enróllalo), dous círculos negros grandes e dous círculos 
rosas medianos (orellas), dous circuliños pequenos brancos( para os 
ollos ) tres rectángulos moi delgadiños e alongados brancos (para os 
bigotes), outro rectángulo finiño e alongado negro  (para o rabo) e un 
círculiño rosa (para o nariz).
Aquí vos deixamos un exemplo da manualidade:

venres, 12 de xuño de 2020

RECORDANDO A AMIGOS E AMIGAS

Ola a todas e todos, hoxe propoñemos unha actividade na que é preciso primeiro 
reservar un tempiño para recordar....
 
Temos que pensar en dous amigos ou amigas porque imos debuxalos. Para elo, 
temos que recordar como era o seu pelo, a súa cara, os ollos, como eran de altos.... 
cando o teñades recordado todo toca poñerse a debuxar.
Nun folio e a lapis iredes debuxando aos amigos, recordade non esquecervos de 
nada: cellas, pestanas, pescozo,... despois repasaredes a liña feita a lapis cun 
rotulador e xa teremos preparado o debuxo para colorealo. 
Seguro que quedan xenial!!!
Non esquezades de escribir o nome a cada amigo ou amiga debaixo do debuxo 
e se tedes oportunidade podedes sacarlle unha foto e enviarlla por WhatsApp 
a eses amigos ou amigas que lembrastes.

xoves, 11 de xuño de 2020

MEMORY

Hoxe propoñémosvos facer un “memory”. Este xogo axuda a desenvolver 
a concentración e a entrenar a memoria visual. 
Para facelo precisaremos:
 -Cartón
-Fotos da temática que máis lles interese ós/ás nenos/as (formas, animais, 
debuxos,,…) Tamén podedes facelo con papel de regalo con diferentes 
estampados.
-Pegamento
Para a súa elaboración:
1º Debuxa e recorta no cartón o número de tarxetas que queres que teña 
o teu “memory” (recorda que teñen que ser todas do mesmo tamaño)
2º Pega en cada tarxeta as fotos (ou anacos de papel de regalo) do teu 
“memory”. Recorda que cada imaxe ten que estar duplicada.
E xa estaría listo para xogar!!!
Instruccións do xogo: poñer todas as tarxetas boca abaixo. 
Voltear sucesivamente dúas tarxetas memorizando a ubicación das mesmas.
Cando se atopen dúas tarxetas iguais retíranse. A partida rematará cando 
estean todas as parellas atopadas.
Aquí deixamos varios exemplos de cómo facelo:
Exemplos para imprimir: