martes, 9 de xuño de 2020

MATEMÁTICAS ABN EN EDUCACIÓN INFANTIL

Ola nenos e nenas, a proposta que vos traemos hoxe é a unha actividade que 
serve para traballar  a asociación grafía-cantidade:
CONTO DO 1 AL 10 ( segundo a idade podemos ampliar a cantidade)


A proposta consiste en poñer tantos palillos ou pinturas en cada rollo de papel como 
indique o número. O neno ou nena contará en voz alta e irá engadindo os palillos en 
cada rollo. 
Podemos sustituir os rollos de cartón por vasos de plástico.