luns, 1 de xuño de 2020

XOGANDO COAS FIGURAS

Ola nenos e nenas a proposta que vos traemos hoxe é a seguinte. 
Nun folio tedes que debuxar distintas figuras xeométricas 
(círculos, cadrados, triángulos, rectángulos, rombos...) de diferentes 
tamaños (podedes colorealos). 
Cando os teñades listos recortádeos e montade diferentes obxectos, 
animais, persoas utilizando esas figuras, hai moitísimas posibilidades.