xoves, 4 de xuño de 2020

MÁSCARAS SORPRESA

Bó día nenos e nenas! 
Hoxe vos propoñemos rasgar/cortar e superpoñer papel para obter personaxes sorpresa 
coma os das fotos. 
É moi sinxelo: colledes unha folla de papel (pode ser un folio coloreado, unha páxina de prensa…) 
e dobrádela en 4, como moitas/os de vós facedes cos vosos paniños de tea ao rematar o almorzo, 
por exemplo.
En canto  teñades a folla dobrada (en función da autonomía de cada un/unha coas tesoiras) 
podedes facer pequenos cortes con distinas formas ou rasgar e arrincar anaquiños nun ou varios 
dos seus lados. Ao desdobrala e poñea enriba doutra folla lisa, atoparedes un montón de buratos 
sorpresa, que poderedes deixar baleiros ou encher coa vosa imaxinación, pinturas ou recortes 
sobrantes (converténdoos en ollos, cellas, dentes…)