Nestes días nos que non podemos vernos con todas as persoas que
quereriamos, e nos que anima escoitar as súas voces a través do teléfono,
e preguntámonos…
Todas e todos vós sabedes o que é unha radio?
Convidámosvos a coñecer RADIO BULE BULE!
Apetécevos inventar o voso propio programa de radio?. Improvisade a vosa
emisora: localizade un micrófono (non vos fai falta ir moi lonxe: un cepillo
do pelo, unha culler…), preparade unnha superficie na que apoiar o que
precisedes (instrumentos de xoguete, teclados vellos cos que vos deixen
xogar ou material de refugallo que poida facer de “botóns”…)
Pensade como queredes que empece o programa. Podedes aprendervos a
frase que máis vos guste desta estrofa de Paco Nogueiras:
ABRE AS ORELLAS, PALABRAS A VOAR
SAÍNDO POLA ANTENA, ATERRANDO POLO CHAN.
O FALAR NON TEN CANCELAS, VAI DE AQUÍ PARA ACOLÁ
CHEGA A RADIO FALANGUEIRA QUE TE VAI FACER PENSAR!
E a contar e cantar todo o que vos apeteza! Os vosos contos favoritos,
as cantigas que botades de menos do cole…
AH! E non esquezades, se tedes irmáns, curmás etc na casa, podedes
convidalos ao voso programa, preguntarlles polas súas cousas favoritas…