venres, 19 de xuño de 2020

ARTE CON XEO

Ola nenos e nenas, hoxe despedimos as propostas do blog 
e propoñémosvos un experimento moooi fresquiño co que seguro 
o ides a pasar mooi ben. Para realizalo precisaredes:
-Auga
-Colorante alimentario
-Vasos (tantos coma cores queirades crear).
-Unha bandexa de xeo
-Papel
-(OPCIONAL) Paus de xeado/depresores. Incluso podedes  
empregar pinzas de madeira desmontadas.
Primeiro botaredes unha pouquiña auga en cada vaso e engadirédeslle 
o colorante (unha cor en cada vaso ou mezclado para crear novas cores). 
É importante engadirlle bastante colorante para que o trazo ao pintar 
sexa máis forte.
Unha vez que teñades preparadas as cores, poñédeas na bandexa do xeo 
(se queredes podedes introducir un pau en cada oco) e metédea no conxelador.
E cando estea ben conxelado .... a pintar!
 
Outra actividade con xeos sería a seguinte:
En diferentes recipientes introduciremos elementos naturais como 
follas, flores, anacos de froita, ramas,… faremos unha composición que 
nos guste, engadiremos auga e… ao conxelador!
Podemos poñer o extremo dun cordón forte (tipo "trapillo" ou cordón dos zapatos)

dentro da auga deixando o outro fóra para que cando o saquemos conxelado 

poidamos colgalo nunha árbore, nun muro…
Teremos que esperar ata o día seguinte para que estea conxelado. 
Sacarémolo e poñerémolo no lugar escollido e admiraremos a nosa obra de arte. 
Observaremos canto tempo necesitou estar no conxelador e canto tempo 
tardou en desconxelarse.
 
Con esta actividade tan fresquiña pechamos o blog e desexámosvos que pasedes un 
verán magnífico, onde non debedes esquecer divertirvos e aproveitar para dar 
e recibir mimiños.