martes, 2 de xuño de 2020

“DIME QUE FIXECHES”

Ola a todas e todos, hoxe o grupo Migallas teatro invítanos a cantar con eles a 
canción “Dime que fixeches”.
Animádevos a cantala e facer os xestos que nos indican!
É unha canción encadeada polo que temos que ir recordando os animais que van 
saíndo para o final dicilos todos. Prestade moita atención.
Para ver o vídeo coa canción debedes premer no seguinte enlace:
Gustouvos? Agora invitámosvos a debuxar algún dos animais que sairon na canción. 
Que vos parece se escribides o título da canción arriba nun folio e  debaixo facedes 
os debuxos dos animais e o seu nome.
Recordade saíu un GALO, COCODRILO, ELEFANTE, BOLBORETA, AVESTRUZ E CEGOÑA. 
Cantos animais! Que debuxos tan bonitos seguro que ides facer!