Ola nenos e nenas, hoxe deixámosvos este conto para gocedes coa
súa lectura.... só tedes que premer no enlace
Agora tócavos a vós debuxalo, recordade como nos conta Eva
que é o personaxe: como tiña o corpo, as orellas, o rabo...
Ademáis de debuxar ao personaxe principal do conto lido debedes
escribir o título.
Observación para as familias: Cando falamos de escribir referímonos
non a copiar, e respectando a etapa na que se atopa cada nena
e neno, quere dicir que aínda que falten letras nesas escrituras
debedes dalas por válidas. Os máis pequenos e pequenas farano
con boliñas, culebriñas,...son as escrituras iniciais.