Ola nenos e nenas, hoxe traémosvos unha curtametraxe
moi interesante para reflexionar. Despóis de vela sería bo que
falárades con algún adulto sobre o seu significado.
Deixámosvos o enlace da curtametraxe:
Se vos animades podedes facer unha manualidade dun rato
moi sinxeliña debuxando, coloreando, recortando e montando as
seguintes figuras xeométricas: un rectángulo negro (que fará de
corpo ao enróllalo), dous círculos negros grandes e dous círculos
rosas medianos (orellas), dous circuliños pequenos brancos( para os
ollos ) tres rectángulos moi delgadiños e alongados brancos (para os
bigotes), outro rectángulo finiño e alongado negro (para o rabo) e un
círculiño rosa (para o nariz).
Aquí vos deixamos un exemplo da manualidade: