mércores, 3 de xuño de 2020

¿QUÉ BIGOTES ME PASA?

Bó día nenas e nenos!
No cole falamos a miúdo das emocións: do complexo que é velas porque como 
vos mesmos tedes dito son “transparentes” ou “invisibles”; dos xestos e tons de 
voz que axudan a expresalas e adiviñalas cando as manifestan os demais; do 
difícil que nos resulta ás veces saber (e contar) qué sentimos exactamente…
Nestes días raros, que se fan longos para todas e todos e nos que se mesturan 
ratos moi díficiles con momentiños máis agradables, preguntámonos máis que 
nunca “qué bigotes me pasa?”... coma o protagonista deste conto que vos 
deixamos a continuación. Botádeslle unha pata para averiguar que sinte en cada 
ocasión?