xoves, 18 de xuño de 2020

PINTAR AS SOMBRAS

Ola nenas e nenos!
No cole demostrades a diario que valéndovos de referentes variados 
e da vosa imaxinación... sodes quen de representar calquera cousa que se 
vos ocurra ou se vos propoña!
Aproveitando a chegada do SOL e que contades de ratiños cada vez máis 
longos para desfrutalo, queremos convidarvos a empregar o rastro que 
deixa (a súa SOMBRA) para facer distintas composicións!
Protexédevos con protector solar e gorra e… a DEBUXAR!
Só precisades unha superficie lisa (papel/textil/o propio chan), os instrumentos 
de escrita que prefirades (lapis, xiz, ceras, rotuladores, pincel….). 
Elixide os elementos (artificiais ou naturais) que queirades rexistrar e 
colocádeos (de maneira que a súa sombra quede proxectada enriba do 
voso soporte). Poderedes repasar os seus contornos ou modificar os 
seus recheos...