venres, 29 de maio de 2020

ATRAPASOÑOS

 Ola nenos e nenas!!!
 Sabedes  o que é un atrapasoños?
Os atrapasoños teñen a súa orixe nas tribus indias americanas . 
A lenda di que serven para manter con nós as boas ideas, os soños agradable 
e axudan a protexernos nestes días difíciles.
PODES FACER UN PARA ATRAPAR OS SOÑOS E AS BOAS IDEAS?
PODES EMPREGAR OS MATERIAIS QUE QUEIRAS.
E agora… só tes que colocalo no cabezal da túa cama e a durmir!!!
 Para completar a actividade podes ver o videoconto “ las llaves de los sueños”.