luns, 25 de maio de 2020

A LENGA DO XANDUCA

Ola nenas e nenos!
No cole aprendemos de vós moitas palabras novas coas que lle poñedes nome 
a personaxes e xoguetes, coas que vos facedes entender…
Sabemos que non hai lingua que se vos resista, e preguntámonos 
se coñecedes a “lenga-lenga do xanduca”? ;) 

Animádevos a intentar repetir o estribillo?
“TUM TUM, PISCATUNGA TÁ, PISCATUNGA LARIBÉ, PISCATUNGA TINGA!
OÉ BERIBERI BERIBÉ PISCATUNGA LARIBÉ PISCATUNGA TÁ!” 
Qué rápido soan!  E que poden significar? “Laribé” será un sitio, unha comida, unha nena…? 
E “piscatunga” será unha planta, unha palabra máxica, un xoguete...? 
Tamén podedes inventar o seu significado e debuxalas