xoves, 28 de maio de 2020

PROPOSTA DE RETOS PSICOMOTRICES 2

PUNTERÍA DE CORES
Material: Papeis de cores, pedra ou similar
Desenvolvemento: Colocamos os folios ou cartolinas de cores e algún pequeno obxecto 
que non rode. Trátase de colocar os folios no chan e dar instrucións para que a nena ou 
neno lance o obxecto dentro de un ou outro color.

CONFÍA EN MIN
Material: Pano
Desenvolvemento: En parellas collémonos da man. Un membro da parella vai cos ollos 
vendados e deixase guiar polo que non ten os ollos tapados. Hai que camiñar por toda 
a casa evitando chocar con mobles, paredes ou obxectos que poida haber. 
Invertir os roles.
CANCIÓN MOTORA: PROPOSTAS PRÁCTICAS
SON UNHA TAZA.
Coa canción aos nenos e nenas, que imitarán os xestos que o adulto 
marca e así aprenderán a canción. Os xestos do corpo consistirán en imitar co corpo 
algunhas cousas nomeadas na canción.
Soy una taza, una tetera, una cuchara, un cucharón, un plato hondo, un plato llano,
 un cuchillito, un tenedor. Soy un salero, un azucarero, la batidora, una olla exprés, 
chu chu.