mércores, 27 de maio de 2020

IMITANDO A GIUSSEPE ARCIMBOLDO

­­­
Ola nenos e nenas!, acordádevos cando no cole fixemos a actividade 
de elaborar caras con elementos da natureza?
Pois a proposta para hoxe vai ser similar.
Propoñémosvos que elaboredes un neno ou nena, pero non só a cara senón todo 
o corpo enteiro.
Como estamos na casa, esta vez imos empregar 
elementos que teñamos pola casa: libros, 
bolígrafos, pinzas… e todo aquilo que se vos ocorra,
 pero tede coidado non coller ningún elemento que poda romper e facervos dano. 
Tedes que decidir que obxecto usaredes para a cabeza? que poderiades  poñer de ollos?
 e que usaredes para os brazos?...
 Mirade o que fixemos nós!



Seguro que quedarán xeniais!!!.  Ahhhh, acordádevos de poñerlle un nome, 
ao noso chamámoslle Peludín.