xoves, 14 de maio de 2020

CONTO  ” Ramón preocupón”. Autor: Anthony Browne
Ola, hoxe queremos que vexades o vídeo do conto “Ramón preocupón”.
É a historia dun neno que se chama Ramón ao que lle preocupaban moitas 
cousas, sobre todo cando se quedaba só pola noite na súa cama. Tanto, tanto 
lle preocupaban que as veces non podía durmir. 
Ata que un día axudado pola súa avoa atopou unha solución. Cal será esa solución?
Se queres coñecela pica no enlace.





Gustouvos a historia?.  Vós tamén lle tedes medo a algo?.
Pola noite durmides con algún boneco para estar tranquiliños?
Pois imos propoñervos que fagades os vosos “Sacapenas”, non será
necesario que os fagades con teas (que ao mellor non tedes) bastará con 
que debuxedes un boneco ou animal que se convertirá no voso “Sacapenas”  
e ao que lle poderedes contar as vosas preocupacións.
Ah, e recordade non vos esquezades de poñelo debaixo da almofada 
para durmir. 
Aquí vos deixamos o que fixemos nós para poder contarlle as nosas preocupacións.