luns, 11 de maio de 2020

Facemos flores
Ola nenos e nenas, como xa sabedes coa chegada da primavera 
saen as flores de distintos cores, formas , tamaños… por iso a actividade
de hoxe consiste en facer moitas flores para poñer bonitas as vosas 
ventás e balcóns. Propoñémosvos varias alternativas para facer 
a actividade:
MATERIAIS:
- Folio
- Pintura de dedos
- Bastonciños, corchos, garfos, ou cos propios dedos.
- Botella
- Tapóns
- Pallas
(En caso de non ter materiais podedes facelas doutro xeito, rasgando 
e pegando papeis). 
Deixámosvos estes modelos por se vos inspiran