mércores, 20 de maio de 2020

XARDÍN COLGANTE

 
Nenos e nenas de Roxos imos plantarrrr!!!!!
Temos que entender o importante que é para a conservación do medio 
ambiente a reutilización dos desfeitos. Empregaremos botellas, caldeiros 
rotos ou outros obxectos que teñades na casa e que seguraménte tiñan que 
formar parte do lixo pero … imos rescatalos!!! MENOS LIXO!!!
Temos que encher de terra o obxecto e podemos prantar aromáticas como 
perexil, tomiño… fabas, tomates, amorodos… ou prantas con flor como 
xeranios, margaridas, ... ou as prantiñas que naceron da experiencia da 
xerminación que propuxemos fai días. 
O importante é que vos acordedes de que teñen que beber cada día un
pouquiño para podelas ver crecer.
Se queredes podémolas traer ao cole cando volvamos para adornar o noso 
xardín. Quedará precioso !!!