mércores, 13 de maio de 2020

IMOS A “COCIÑAR”
Ola nenos e nenas a proposta que vos traemos hoxe é a seguinte: 
tedes que cociñar, pero cociñar debuxos!! Como pode ser isto? 
Pois moi fácil. Nun folio debuxade un círculo mooooi grande que 
nos servirá de plato (podedes pedir axuda a un adulto). 
Despóis preparade pinturas de cores e a cociñar. Un adulto terá que irvos 
lendo os pasos desta receita que vos deixamos aquí, Bo proveito!!
PASTA DE CORES
ESPARCE CATRO CÍRCULOS POLO PRATO.
DESPÓIS DEBUXA TRES CADRADOS.
ENGADE TAMÉN UNHAS CANTAS FORMAS RARAS.
AGORA DEBUXA DOUS TRIÁNGULOS.
COLOREA TODAS AS FORMAS DE MOITAS CORES.
TRAZA UNHAS CANTAS LIÑAS ENTRE AS FORMAS.
REMATA O PRATO CUNS BONITOS PUNTOS DE CORES E…
XA ESTÁ LISTO!!!
PODES SERVILO COMO ACOMPAÑAMENTO OU COMO PRATO PRINCIPAL.