venres, 15 de maio de 2020

Celebración día das letras galegas

Ola nenos e nenas, hoxe imos facer unha proposta especial. O próximo domingo, 17 de maio, en Galicia celébrase o día das letras galegas, día moi importante para a nosa lingua. Cada ano, ese día, recórdase e homenaxease a unha persoa que destaque pola súa creación literaria e pola defensa da lingua galega.De aí que empecemos cargándonos de enerxía escoitando e bailando con "Brinca Vai!": Meu o mundo é!
 
MEU O MUNDO É! - Cantiga de Brinca Vai!

Xa estamos todos e todas animadas? pois agora imos coñecer unha obra do autor ao que se dedica este ano o día das letras galegas: Ricardo Carvalho Calero.Trátese da historia “As pitas baixo a choiva”. Premede no enlace para vela e escoitala e …. 
non esquezades facer o reto final proposto.