martes, 12 de maio de 2020

DE MAIOR QUERO SER…
Bó día!
Hoxe deixamos por aquí “Ou iso ou aquilo” cantiga na que varias nenas e nenos , 
comparten ideas do que lles gustaría ser de maiores…
E vós xa pensastes á profesión á que vos gustaría adicarvos?
Podedes pedir a un adulto que vos escriba en grande nun folio o nome desa 
profesión. E a continuación vos poderedes buscar as letras que o compoñen en títulos 
de revistas: cando as atopedes (en función do grao de autonomía no emprego das tesoiras) 
podedes recortalas/rasgalas e ordealas compoñendo a mesma palabra debaixo da que vos 
escribiron.  
Animádesvos a compañar a palabra dun debuxo de vós mesmos desempañando esa 
profesión (con algunha prenda do uniforme, ou con algunha ferramenta que se empregue 
na mesma…). 
E non esquezades xogar a desempeñar o oficio escollido!