mércores, 6 de maio de 2020

ADIVIÑAMOS
Bo día a  todas e todos. Hoxe xogaremos ás adiviñas. 
Precisamos unha caixa (de zapatos por exemplo) e farémosllle un burato 
na tapa.
Escollemos diferentes obxectos que teñamos na casa e metémolos dentro 
da caixa, sen que os nosos fillos/as os vexan. 
Despois o neno/a meterá a man dentro da caixa e tocará o obxecto 
ata saber de que se trata. 
Os diferentes membros da familia tamén poderán participar 
facéndolle preguntas tipo: ten forma redonda, pesa moito, é longo/ curto, 
a súa textura é lisa/rugosa, é suave/áspero...? 
O neno ou nena que mete a man na caixa só pode contestar “sí” ou “non”. 
Unha vez formuladas unhas cantas cuestións, repasamos as pistas
 e intentamos adiviñar de que se trata.
Tamén podemos facer unha lista escrita polos nenos/as de todos 
aqueles obxectos que vaian saíndo da caixa.