venres, 8 de maio de 2020

O recuncho de…
A todos e todas nos gusta ter o noso agocho secreto. 

A idea de hoxe é propoñer que cada neno ou nena faga o seu recuncho no lugar da casa 
que prefira. Temos que darlle algunha axuda e proporcionarlle material como unha manta, 
coxíns, teas, cadeiras, cordas, luces… para que poidan construír ao seu gusto.
Será un lugar onde poderán xestionar as súas emocións e ter un pouco de tranquilidade 
para ler un conto, xogar e gardar as súas cousas especiais ou secretas ... tamén poderá 
compartilo coa familia para contar cousas maravillosas, medos , risas...